Piñeiro resposta ó BNG aludindo á transparencia na tramitación do PXOM

    pxomrianxo_100_260309.jpgRIANXO> Pedro Piñeiro explicou a actual situación do PXOM da localidade, unha vez rescindido o contrato ó anterior equipo redactor.

    {flowplayer}barbanza/pxomrianxo.flv{/flowplayer}

    Se ben o alcalde rianxeiro recoñeceu que o Plan Xeral é a gran asignatura pendente do concello e asumiu a súa responsabilidade, non é menos certo que a comisión de seguemento do PXOM está integrada por tódolos grupos políticos que teñen o mesmo grao de implicación que o grupo de goberno neste proceso.

    O inicio da tramitación do PXOM remóntase ó ano 2003 cando se presentou unha primeira proposta que foi rexeitada pola Xunta de Galicia. A partir de aí procedeuse á contratación dun novo equipo redactor, a cargo da empresa ArtePlan, que elaborou unha proposta que foi desbotada por unha serie de cuestións técnicas.

    Recurso

    Por este motivo, o concello decidiu rescindir o contrato á empresa redactora que, disconforme con esta decisión, ten presentado un recurso contencioso administrativo.

    Mentres tanto, xa se elaboraron os pregos para a nova contratación que veñen de ser publicados no boletín europeo, por valor de 302 mil euros. 

    Transparencia

    O alcalde rianxeiro quixo aclarar que en todo este proceso, estiveron ben presentes os grupos da oposición que tiveron á súa disposición toda a información. Neste sentido, resposta ás acusacións realizadas dende o BNG en relación a este proceso, lembrando que o propio edil nacionalista, Adolfo Muíños, chegou a propoñer a contratación dunha nova empresa.

     Pedro Piñerio tamén saíu ó paso das acusacións relacionadas coa suposta violación da correspondencia dirixida ó BNG, aclarando que se tratou dun erro involuntario do que se informou debidamente e mesmo se remitiu un escrito coas desculpas do alcalde.

    Finalmente, en resposta a declaracións dos nacionalistas, o rexedor local tamén aludiu á urbanización Virxe de Guadalupe, aclarando que non houbo recalificación senón un estudo de detalle que foi aprobado cos votos a favor do BNG.

    Redacción Barbanza