Portonovo volve a celebrar a Festa da Raia na ponte de maio

festa_raia100.jpgSANXENXO> O comité organizador da Festa da Raia de Portonovo ultima estes días a programación da XV edición.

{flowplayer}images/salnes/FESTA_RAIA.flv{/flowplayer}

SANXENXO> O comité organizador da Festa da Raia de Portonovo ultima estes días a programación da décimo quinta edición.

Por segundo ano, faise coincidir coa ponte de maio, polo que a festa se celebrará do 1 ó 3 dese mes. A edil de Cultura de Sanxenxo, Paz Lago, considera que este cambio de data foi moi positivo logo da resposta obtida o ano pasado, polo que esta edición esperan tamén unha gran afluencia.

A comisión incluíu no programa de actos música, danza, exposicións, e exhibicións, ademais da entrega das Raias de Ouro. A carpa de degustación habilitarase de novo no porto de Portonovo, ademais de servirse nos restaurantes colaboradores. O comité organizador reuniuse xa con eles para que sexa un profesional da vila quen se faga cargo deste servizo.

A presentación oficial da Festa farase ademais en Semana Santa, para informar ós turistas que se acheguen nestas vacacións a Sanxenxo e teñan un reclamo máis á hora de elixir de novo o municipio para a ponte de maio.

Redacción Salnés