A instalación e ampliación de naves na Tomada iniciarase en setembro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/rematesegundafaseampliaciontomada2506141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/25/rematesegundafaseampliaciontomada250614.mp4{/flowplayer} POBRA> O alcalde mostrou a súa satisfacción pola conclusión das obras da primeira fase de ampliación do polígono industrial da Tomada, na que se investiron uns 3’8 millóns de euros. As empresas que solicitaron terreos na segunda fase do polígono da Tomada poderán iniciar en breve a instalación ou ampliación das súas naves, unha vez rematados os traballos de urbanización levados a cabo pola empresa Dragados e que supuxeron un investimento de 3’8 millóns de euros e a creación de máis de 107 mil metros cadrados de superficie. O alcalde, Isaac Maceiras, mostrou a súa satisfacción por esta actuación, que dará paso a unha nova fase que será desenvolvida pola firma Acciona, con 700 mil euros de presuposto, na que se prevé, entre outras aspectos a construción de muros de contención entre o polígono vello e o novo. A ampliación do polígono industrial da Tomada forma parte das actuación incluídas no programa do actual equipo de goberno na procura do crecemento económico e a xeración de emprego neste municipio.