Ribadumia clausura o III curso de coidadores de persoas dependentes

    curso_coidadores100.jpgRIBADUMIA> O Concello clausurou a terceira edición do Curso de Formación de Coidadores de Persoas Dependentes.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_COIDADORES.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia clausurou esta fin de semana a terceira edición do Curso de Formación de Coidadores de Persoas Dependentes, que se impartiu desde o mes de outubro no Centro Social de Besomaño. Ata alí desprazouse o sábado a edil de servizos sociais Lidia Álvarez.

    En total, participaron 20 alumnos, que recibiron coñecementos relacionados coas técnicas e coa axuda necesarias para poder desenvolver a súa tarefa da mellor forma posible tanto para a persoa dependente como para eles mesmos como coidadores. O Concello destaca o éxito que tivo esta terceira convocatoria, xa que se duplicou o número de participantes.

    Neste curso houbo 20 sesións na que se abordaron, entre outros temas, intervencións socio sanitarias, técnicas de relaxación e de resolución de conflitos, a organización de cada día, apoios e axudas que poden solicitar os coidadores.

    O departamento de Servizos Sociais considera importante incluír este tipo de actividades formativas, logo de que un estudo detectase un número elevado de persoas dependentes no municipio. Precisamente, Ribadumia foi pioneiro na comarca do Salnés en ofrecer esta formación gratuíta ós coidadores.

    Redacción Salnés