O Viajes Interrías sitúase a un paso do ascenso

futbolsala250_070409.jpgSALNÉS> O Grupo Junquera saíu derrotado da pista do Esteo (6-4) polo que os vilagarciáns caeron á quinta praza da xeral. O que sí gañou foi o Viajes Interrías que continúa líder beneficiado ademais polo picazo do seu perseguidor, o Cesuras.

O Viajes Interrías xa está a un único paso de proclamarse campión da Primeira Nacional B e acadar ademais o seu ascenso matemático de categoría. Podería facelo a semana que ven no derbi ante o Grupo Junquera en Vilagarcía. Todo, grazas a súa victoria desta fin de semana ante o Troula e o picazo do Cesuras en Bueu. Os portonoveses souberon o resultado do seu rival directo no descanso e dérono todo na pista para gañar o partido.

Antes, chegaran á pausa empatados (1-1), dada a boa defensa visitante. Xusto despois do descanso, dous goles de Pibe e un de Chelito en apenas catro minutos, déronlle-lo marxe para xogar o último tramo con maior tranquilidade. Xa despois os goles foron caendo dun lado e do outro ata o 8-3 final, unha goleada á que contribuíron cos seus tantos Rubén, Chelito, Bruno Ribeiro, Javi Santos, e Pibe e Pedro por partida dobre.

O Grupo Junquera pola súa parte caeu á quinta posición da táboa logo de non poder dobregar ó Esteo, que o superou na xeral. Foi un partdo de poder a poder, moi igualado en tódalas facetas do xogo, e no que os detalles volveron a decidir. Desta volta foron clave a gran cantidade de ocasións erradas polos de Juancar.

As primeiras vantaxes foron visitantes, puxéronse 0-2 pero os de As Pontes déronllela volta ó electrónico e tomaron a iniciativa no tramo final. Con 5-3 no marcador o Junquera arriscou e puxo porteiro – xogador, pero non deu resultado. Ó final 6-4. O conxunto vilagarcián será xuiz do Interrías a semana que ven.

Redacción Salnés