Panamá busca establecer lazos comerciais con Pontevedra

    recepcion_embaixador_panama_100_070409.jpgPONTEVEDRA> A Deputación organizará este outono unha misión comercial ó país centroamericano para que os empresarios da provincia coñezan o mercado panameño.

    {flowplayer}images/salnes/070409_recepcion_louzan_embaixador_panama.flv{/flowplayer}

    O embaixador de Panamá en España achegouse a Pontevedra como parte da visita que está a realizar a varias cidades galegas. Acompañárono o presidente da Conferencia Eurocentroamérica, David Balsa, e o decano de Ciencias Sociais, Alberto Pena. Á súa chegada ó Pazo provincial, Miguel Ángel Cañizales foi recibido polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, momento que aproveitaron para manter unha pequena xuntanza e intercambiar impresións. Cañizales e Louzán valoraron a posibilidade de que Panamá e os empresarios pontevedreses emprendan accións comerciais conxuntas. As dúas son rexións cun tecido económico similar, nos que o comercio portuario xoga un papel destacado. Neste sentido, o embaixador panameño, presentou ó seu país como un mercado seguro para emprender negocios, ó asegurar que a súa economía é forte e non se está a ver afectada pola crise.

    Rafael Louzán adiantou que o próximo outono a Deputación organizará unha misión comercial a Panamá para que os empresarios da provincia coñezan de preto este país e en concreto o seu mercado e infraestruturas.

    Antes de realizar esta viaxe organizarase un seminario con empresarios de Vigo para concretar os sectores de interese tanto para Panamá como para a delegación provincial.

    Redacción Salnés