Victoria agardada dun Rasoeiro que xa pensa na Copa

balonman250_010408.jpgGROVE > O Rasoeiro que cumplíu os pronósticos e impúxose ó Artai Poio por tan só un gol de diferencia, un resultado corto para os grovenses que amosaron ser superiores ó seu rival.

Non tivo problemas o Rasoeiro para impoñerse esta pasada fin de semana ó Artai Poio por 22-23, un resultado que non reflicte as diferencias entre émbolos dous conxuntos. Os locais, conxunto que está a loitar por evita-lo descenso, foron sempre a remolque e prácticamente non tiveron opcións de victoria dende o inicio.

Xa nos primeiros compases os visitantes amosaron a súa superioridade endosándolle ó seu rival un parcil de 1-8 que semelleba practicamente definitivo. Pero non foi así porque apareceu a relaxación e porque Lao Santos aproveitou a ocasión para que os xuvenís entrasen na cancha e disfrutasen de minutos. Por iso fóronse o descanso con igualdade no marcador, 12-12.

Na segunda metade repetíuse prácticamente o mesmo guión; os mecos aproveitaron a súa maior calidade para marcharse no electrónico nos primeiros compases e logo manter diferencias. Entraron no últimlo minuto con tres goles de vantaxe aínda que o final quedaríase en tan só un, 22-23.

Continúan con esta victoria cuartos na xeral, sen posibilidades de alcanza-ala terceira posición e coa vista posta no torneo de Copa. Antes deberán enfrontarse na penúltima xornada de liga ó Suso Fernandéz Ribeiro, equipo ó que recibirán en Monte da Vila.

Destacar nesta xornada a derrota do Cisne Grupo Pirsa por 33-31 na cancha do Balonmán Oleiros.

Redacción Salnés