Seis avións e 10.000 quilómetros en 72 horas

baloncesto250_060208_001.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa partíu hoxe cara Israel onde mañá vaise enfrontar ó Electra Ramat de Tel Aviv por un posto nos oitavos de final da Eurocup. Parten con seis puntos de vantaxe do partido de ida pero terán en contra o cansancio que de seguro lle ha de provocar a viaxe.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_060208.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa comezou esta mañá a súa particular paliza previa ó decisivo encontro de mañá da Eurocup. Plantel e corpo técnico saíron hoxe ás 06:30 de Vilagarcía dirección aeroporto de Alvedro da Coruña. Dende alí un avión levoulles a Londres onde tomaron outro cara Tel Aviv. Máis de 5000 kilómetros os que se meterán no corpo para acabar chegando ó seu destino ás nove da noite, se todo vai sobre o horario previsto.

O peor quizáis, é que o sábado teñen outro importantísimo encontro en Ibiza ó que chegarán moi machacadas. De momento, agardemos que tanto ir e vir non lles afecte mañá para facer valer os seis puntos de renta que levan.

Isaac Fernández contará con tódalas súas xogadoras para este decisivo encontro senón xorde ningún contratempo de última hora.

A que vai a ser baixa completamente segura no equipo israelita será Deena Jackson. A ala-pivot norteamericana, estrela deste conxunto, lesionouse de gravidade no encontro de ida en Fontecarmoa e pasará varios meses no dique seco.

Os dirixentes do Electra apresuránronse a buscar un recambio e o atoparono noutra estadounidense, a pivot Chasiti Melvin, que xogou este ano a Eurocup co Elitzur Ramla, conxunto tamén israeli. Melvin promedia 15 puntos e 10 rebotes por partido na competición europea polo que de entrar en xogo no partido de mañá, será tamén unha gran ameaza.

Redacción Salnés