Cabo de Cruz volve facer historia na ACT

BOIRO> Catorce anos despois da súa primeira bandeira na ACT, o club boirense consegue sumar un novo trunfo. Foi esta pasada fin de semana ó ó vencer nunha das regatas máis importantes, a de Hondarribia. Así de exultantes chegaban os remeiros de cabo de Cruz a porto, despois de facerse coa Bandeira de Hondarribia, unha das regatas máis importantes do remo nacional xunto ás da Concha e Zarauz. Trátase da segunda vez na súa historia que consegue este fito, ó alcance de moi poucos. Hai catorce anos repetía éxito con esta mesma bandeira. Despois do trunfo desta fin de semana, cabo afiánzase na sexta praza da clasificación xeral da Liga Eusko Label, a tan só cinco da quinta praza que é ocupada nestes momentos por Santurce. Os seus próximos obxectivos, as regatas de Zarauz, Boiro e a Concha, onde agardan poder continuar demostrando o seu potencial.