Mala xornada para os representantes do Salnés na Terceira

futbol250_130409.jpgSALNÉS> Esta xornada deixounos tres derrotas para os equipos do Salnés, o que non cambia moito as cousas na xeral, xa que da zona baixa tan só sumou o Ordes un empate, os demais todos perderon. O Portonovo continúa en postos de descenso e o Arousa na corda frouxa.

Caeu o Portonovo no Couto por 2-0 pese a xogarlle de ti a ti ó Ourense, resultado que deixa ós os de Marcos Canle en postos de descenso. A boa nova para eles é que dos seus rivais pola permanencia tan só o Ordes sumou un punto, que empatou na casa ante o Coruxo. Ós portonoveses faltoulles acerto de cara ó gol para terse traido algo positivo, nun partido marcado pola actuación arbitral, que deixou ós dous equipos con dez ós 25 minutos. Os de Baltar pasaron xa o tramo complicado do calendario e a semana que ven recibirán ó Somozas.

Con dous puntos máis camiña o Arousa que onte deixou escapar a victoria do García Calvo; os vilagarciáns chegaron a ir 0-2 por diante pero deixáronse remontar e acabaron perdendo por 5-3, víctima de numerosos erros en defensa. Hugo por partido dobre e Manu Conles foron os autores dos goles.

O mesmo resultado deuse en San Pedro pero con derrota para os locais (3-5). O Vilalonga non puido cun Montañerios que xa gañaba por 0-3 ós 25 minutos. Os tres goles de Machu non foron suficientes para darlle a volta o electrónico e outorgarlle a victoria ós celestes que continúan sen atar a permanencia tras tres derrotas consecutivas.

Ademais, na Preferente Sur, o Ribadumia remontoulle un partido moi polémico ó Melias e gañou por 3-4, mentres que o Unión do Grove caeu no campo do Arenteiro por 4-1 e o Sanxenxo gañou 0-1 en Salvaterra.

Redacción Salnés