O Club Waterpolo Pontevedra presenta un novo programa de actividades alternativas adaptado á Covid

PONTEVEDRA> O Club Waterpolo de Pontevedra adáptase á nova normalidade. Debido á situación actual de incerteza no ámbito deportivo e sen un plan de competición por diante, o conxunto pontevedrés decidiu crear un programa de actividades alternativas. Entre elas, un voluntariado e formación virtual.

Os deportistas son sen dúbida un dos grandes prexudicados nesta crise da Covid. Moitos non saben aínda se poderán xogar esta tempada xa que non teñen un plan de competición estipulado. É o caso do Club Waterpolo Pontevedra. Os seus xogadores continúan adestrando a diario pero cuns estritos protocolos de seguridade. Por iso, e ante a incerteza que existe de cara aos vindeiros meses, o club decidiu redeseñar as súas actividades complementarias . Unha iniciativa que foi aplaudida polo Concello e pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Pero non todas as actividades do Club Waterpolo estarán enmarcadas na práctica deportiva. Para predicar co exemplo do seu lema “Non só formamos deportistas, sobre todo formamos persoas”, o club presentou hoxe unhas actividades de carácter social.

O Club Waterpolo levará a cabo tamén unha formación complementaria de maneira virtual. Ademais, o conxunto pontevedrés tratará de desenvolver actividades de apoio ao comercio local e, cando a situación sanitaria o permita, porá en marcha unhas rutas de sendeirismo para poñer en valor os espazos naturais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí