SANXENXO > Importantísima victoria do Hermanos Barbeito ante A Mariña (4-2) que permite ós de Rodri tomar aire.
Das mellores novas que nos deixa esta fin de semana está sen dúbida a victoria do Hermanos Barbeito. Despois dos duros golpes que tiveron que sufrir tras perder nas últimas tres xornadas ante rivais directos, agora reivindicáronse cun triunfo dos que fan recupera-la moral, ante un dos galos da categoría, A Mariña de Viveiro.
Os visitantes levaron a iniciativa do encontro e dispuxeron da posesión do balón, pero non tiveron apenas ocasións; pese a todo adiantáronse no marcador. Lonxe de virse abaixo, os de Rodri sacaron forzas de fraqueza e remontaron para chegar ó descanso con empate (2-2).
Trala reanudación a defensa do Hermanos Barbeito fíxose infranqueable para os lucenses que viron coma en dúas boas accións locais se lles escapaba definitivamente o encontro. Ó final, 4-2 para os de Portonovo con tantos de Pibe, Salgueiro e Beto por partida dobre.
Continúan penúltimos na táboa pero voltan de novo a engancharse ó grupo de catro equipos da cola, agora separados por tan só un punto. Haberá que seguir traballando pero a perspectiva de futuro xa é outra. De momento, a pensar xa no seguinte escollo a superar: o Parrulo de Ferrol, cuarto clasificado. Será o sábado ás 19:00, de novo no pavillón de Vilalonga.
Redacción Salnés