O PSOE denuncia novos vertidos industriais no río Morto

    vertidoriomorto_100_130409.jpgPOBRA> O suceso rexistrouse a pasada semana, cando unha mesta escuma, uns días de cor branca e outros de cor vermella, tinguíu o leito do río.

    {flowplayer}barbanza/vertidoriomorto.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver foron tomadas polos propios membros do PSOE pobrés o pasado mércores pola tarde. Segundo eles a situación estaba a ser un práctica case habitual nas últimas semanas, fundamentalmente ó amencer ou ó cae-lo día. Ademais do efecto visual, nas inmediacións do río existía un cheiro desagradable. Un olor que mesmo se derivou ata as inmediacións da depuradora municipal.

    Aplicación do regulamento municipal

    Por esta razón os socialistas pobreses pregúntanse de que sirve dispor dun regulamento municipal de vertidos, se ó final non se leva á práctica. O grupo municipal socialista esixiralle ó executivo local un listado das empresas que aínda non dispoñan de sistema de predepuración, aquelas que foron sancionadas e os expedientes que se derivaron á Xunta.

    Investigación

    Dende o concello afirmouse de que se está a realizar unha investigación sobre o acontecido coa finalidade de dar coa empresa causante do vertido e proceder duramente sobre ela segundo o establecido no regulamento. Segundo fontes municipais o problema podería terse producido por unha posible derivación dos vertidos industriais do colector xeral que vai dende o polígono da Tomada á depuradora municipal, á rede de pluviais, unha práctica totalmente prohibida.

    Redacción Barbanza