RIANXO> Ó parecer o roubo produciuse xa a pasada semana, aínda que non foi ata o venres cando notaron a falla do material que estaba almacenado no local de ensaio que a Escola de Música ten alugado en Rinlo.
Afectados aínda polo suceso, os membros da Banda da Escola de Música de Rianxo veranse agora na obriga de ter que reemprazar todo ese material roubado.
O seu valor no mercado podería roldar os catro mil euros. A Garda Civil xa iniciou unha investigación co fin de dar co autor ou autores dos feitos.
Mentres tanto, dende a entidade fan unha chamada á colaboración cidadá para tratar de recadar calquera tipo de información relacionada co roubo que puidera axudar na investigación.
Dende a Banda da Escola de Música de Rianxo móstranse confiados en poder recuperar todo o material roubado, de difícil introdución no mercado de segunda man.