O PP noiés presenta ós tres primeiros integrantes da lista ás municipais

NOIA> Mariola López e María Laura Salgado acompañarán a Santiago Freire nos tres primeiros postos da candidatura.

O Partido Popular de Noia presentou este mediodía os tres primeiros nomes da súa candidatura as municipais de maio. Ademais de Santiago Freire, que volverá a encabezar a lista da formación, súmanselle os nomes de Mariola López Cierto e María Laura Salgado que serán a número dous e o número tres, respectivamente.

Nun acto que se desenvolveu nos propios locais do partido, o PP de Noia presentou parte da lista de persoas coas que esta formación política concorrerá ós vindeiros comicios municipais de maio. En concreto os tres primeiros postos. Ademais de Santiago Freire, que repetirá coma cabeza de lista, ocuparán postos de saída dúas mulleres. De número dous irá Mariola López Cierto. Cara coñecida, que formaba parte xa do actual equipo de goberno dirixidndo os departamentos de Parques e Xardíns, Comercio e Hostalería. O número tres será cuberto por María Laura Salgado, que se incorpora por primeira vez á política. Na súa intervención, Santiago Freire, referiuse á enorme confianza que ten depositada nestas dúas persoas.

Nas próximas semanas o PP noiés ten intención de ir poñendo caras á candidatura coa que irá ás vindeiras eleccións municipais co reto de acadar a maioría absoluta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí