Porto do Son estrea imaxe nova imaxe no departamento de Medio Ambiente

PORTO DO SON> O executivo sonense vén de presentar a nova imaxe do departamento municipal de Medio Ambiente. Baixo o lema ‘Infinitamente natural’ o novo símbolo intenta representar o compromiso do municipio coa economía circular e a sostibilidade. A nova imaxe farase visible tanto nos equipamentos como nas redes sociais do Concello, así como tamén nos materiais empregados nas diversas accións dirixidas á veciñanza en xeral.

Porto do Son está de estrea. Esta mañá presentaba a nova imaxe da área municipal de Medio Ambiente baixo o lema ‘Infinitamente natural. A proposta tenta representar a aposta clara e decidida do Concello pola economía circular e a sostibilidade

Na presentación contouse tamén coa participación do director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, que destacou a implicación de Porto do Son no respecto e coidado do medio ambiente, un aspecto este que o levou a ser un dos dous únicos concellos en toda Galicia en dispoñer do distintivo Bandeira Verde.

O Concello aproveitou este acto para presentar tamén o programa para os próximos meses con actividades como andainas comprometidas co medio ambiente, nas que os participantes poderán recoller residuos ó tempo que fan exercicio; xornadas de reparto de material para contribuír a manter limpas as praias; actividades coa mocidade nos centros de ensino ou campañas de concienciación cidadá en materia de sostibilidade entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí