O PPdeG celebra un acto sectorial sobre a pesca en Ribeira

    RIBEIRA> O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destaca o papel que terán as eleccións europeas do 25 de maio para o futuro do sector pesqueiro galego. A casa do mar de Ribeira acollía este sábado un acto sectorial sobre a pesca organizado polo Partido Popular que servía tamén de cartel de presentación do candidato do PPdeG ás eleccións europeas, Francisco Millán Mon. Ante un abarrotado auditorio, o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou a importancia que o Partido Popular lle dá a pesca, facendo especial fincapé na necesidade de que os intereses dos traballadores do mar se vexan defendidos por representantes responsables e preparados, que coñezan Galicia e Europa. Feijóo tamén aludiu á importancia que teñen estas eleccións europeas do 25 de maio, na que segundo el, Galicia se xoga moito. O presidente do PPdeG tamén sinalou que Europa está presente na transformación que o sector pesqueiro galego ten afrontado nos últimos anos e será tamén será relevante para Galicia no próximo período comunitario, ca aplicación práctica da nova Política Común de Pesca, o novo Fondo Europeo de Pesca e o marco comercial.