Os motoristas percorren Galicia esixindo máis protección nas estradas

    motoristas_web100.jpgPONTEVEDRA> Uns vinte mil motoristas reclamaron proteccións nos gardarraís nunha manifestación polas sete principais cidades galegas.

    {flowplayer}images/salnes/MOTORISTAS_WEB.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Xusto no día en que Alberto Núñez Feijoo era investido presidente da Xunta, as asociacións de motoristas da comunidade botáronse ás estradas para esixirlle que os teña en conta e que dunha vez por todas se instalen as proteccións necesarias para que calquera motorista ou ciclista, circulando á velocidade permitida en cada vía non perda as súas pernas, nin a súa vida contra o que denominan gadañas asasinas.

    Os motoristas dirixiron estas esixencias tamén ó Ministerio de Fomento. A Plataforma Motera para Seguridad Vial afirma que non existe ningunha partida presupostaria para suprimir o risco dos garadarraís para os motociclistas. Consideran isto moi grave, xa que as vías nacionais adoitan ser as que máis usan os motoristas.

    A pesar do mal tempo, a organización logrou reunir a uns 20.000 motoristas nas distintas etapas. A manifestación saiu de Ferrol, para continuar logo pola Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo.

    ACCIDENTE NO POUSADOIRO

    accidente_quitamedos200_190409.jpgPois precisamente un axente da Garda Civil sufriu esta fin de semana as consecuencias de chocar coa súa moto contra un gardarraíl convencional. Sucedeu onte en torno á unha e media da tarde na zona do Pousadoiro.

    Ata o lugar do sinistro só se desprazaron dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico, que non achegaron moitos datos sobre o accidente. O condutor caeu da moto e golpeouse co quitamedos, polo que foi preciso trasladalo a un centro médico para facerlle as probas correspondentes.

    Redacción Salnés