Malestar entre os condutores de Ribeira pola falla de estacionamento

    fallaaparcamentoribeira_100_200409.jpgRIBEIRA> O problema agudízase ademais os sábados, día no que se celebra o tradicional mercadiño ambulante.

    {flowplayer}barbanza/fallaaparcamentoribeira.flv{/flowplayer}

    A maioría das vilas da comarca do Barbanza experimentaron en maior ou menor medida nos últimos anos un crecemento urbanístico, económico e comercial importante que trouxo consigo tamén un incremento do parque automobilístico. Un exemplo desta situación vívese en Ribeira onde diariamente é complicado atopar un lugar para aparcar. As peonalizacións levadas a cabo en pleno casco urbano lonxe de axudar, trouxeron consigo a supresión de numerosas zonas de estacionamento, polo que a situación é a día de hoxe complexa. Aínda así dende o executivo local sinalan que están a traballar para tratar de solucionar este problema e que os veciños non se atopen diariamente con esta situación de dificultade á hora de atopar onde aparcar. Unha das últimas medidas postas en marcha polo goberno ribeirés foi a instalación da zona azul.

    Novo parquing soterrado

    Ademais dos parquings soterrados que existen ó longo do casco urbano e que pretenden aliviar en parte esta dificultade de zonas de estacionamento na localidade, o executivo local está a estudar tamén a posibilidade de construir un novo aparcamento destas características na zona do Malecón.

    Redacción Barbanza