Lores inaugura o aparcamento de Campolongo

    parking_campolongo100_160309.jpgPONTEVEDRA> O alcalde inaugurou o parking de Campolongo, que conta con máis de 700 novas prazas de aparcamento.

    {flowplayer}images/salnes/PARKING_CAMPOLONGO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Dende o medio día está oficialmente inaugurado o Parking de Campolongo. O alcalde de Pontevedra, cualificou o feito coma unha excelente noticia, que naceu para dar servizo aos usuarios do novo edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

    Segundo alcalde, co parking están levando a cabo un crecemento ordenado, gañando unha praza pública con espazos de lecer, amais do propio servizo do aparcamento. Este, dispón de case mil duascentas prazas, e mais do 60% estará a disposición do público.

    Máis aparcamentos teñen previsto a súa apertura en Pontevedra. O seguinte, agardan sexa para as Peregrinas do 2010, o de Praza de España. Están pendentes o do antigo cuartel da Garda Civil, o do novo edificio da ONCE, o da antiga finca do Teucro e o da Horta do Cura Segundo Lores, palíase así, o eterno problema do tráfico na cidade do Lérez.

    Redacción Salnés