O torneo de Santa Rita reunirá no Rial a 350 tenistas

tenis250_050510.jpgVILAGARCÍA>XXII Torneo Santa Rita  organizado polo Club de Tenis O Rial  reunirá a 350 xogadores durante o mes de maio, entre os que estarán os mellores de Galicia en categorías alevín, infantil e cadete. A competición iníciase este venres.

Este venres dará comezo o XXII Torneo Santa Rita de tenis, que se prolongará durante todo o mes, ata o día 30. A partir de agora, tódalas fins de semana de maio as pistas do Rial serán tomadas polos rapaces: sábado e domingo todo o día, e os venres dende as seis da tarde.

En categorías alevín, infantil e cadete, tanto masculino como femenino, á cita acudirán 350 xogadores, as mellores raquetas de toda Galicia.

O torneo iniciarase, como é habitual, coas fases previas. A maioría dos cadros finais estarán compostos por 32 xogadores, 24 preclasificados por ranking galego e os oito restantes procedentes da previa. A fase final do infantil masculino podería ser de 64, debido á alta participación nesta categoría. Entre todos eles, varios tenistas do club anfitrión, que parten con opcións serias de chegar ás últimas roldas. 

No acto de presentación de onte estiveron o Presidente do Club de Tenis O Rial, Diego Pavía acompañado de Dani Ramos, como Director Técnico do torneo. Xunto a eles, José Luis Ameneiro, en representación da Federación Galega, Javier Puertas, Presidente da Autoridade Portuaria, e Juanmi Doval, Director Técnico da Fundación de Deportes.

Redacción Salnés