O Céltiga busca en Marín auparse ó liderato do grupo Sur

ILLA> Os equipos do Salnés buscarán darlle continuidade ó bo arranque ligueiro que levan. O Portonovo tentará botarlle unha man ó resto e vencerlle en Baltar ó líder Pontellas. Arosa e Céltiga xogan fora mentres que o Ribadumia recibe ó Nigrán, que é último na táboa.

{flowplayer}images/salnes/preferente_300911.flv{/flowplayer} 

O Marín mide esta semana o gran momento de forma polo que atravesa o Céltiga. Desde o 27 de febreiro os da Illa tan só perderon un encontro e esta semana terán enfronte a un equipo ó que non se lle dá ben xogar na casa. Os da Illa, en xeira goleadora, buscarán o quinto triunfo do ano sen Juanito e Óscar García, que siguen tocados e serán baixa. Non se prevé que volvan ata dentro de dúas semanas. Gerardo e Roberto non estarán no Marín por sanción.

Outro dos partidos máis interesantes da xornada é o que se poderá ver en entre Portonovo e Pontellas. O líder chega a Baltar cun auténtico equipazo no que destacan homes expertos e de calidade que o ano pasado militaron no Nigrán: casos de Abraham, Jorge Fernández ou Luismi. Os locais pretenden facerse fortes na casa e doblegar a outro favorito ó ascenso como xa o fixeran hai quince días ante o Barbadás. Luis Casais non poderá contar para a cita cos sancionados Arias e Suso.

Ó Arosa tócalle viaxar a un dos campos máis duros da categoría, o do Cruceiro. Os de Aldán comezaron dubitativos, pero contan cun dos planteis máis potentes da categoría. O Arosa, en franca melloría, tratará de controlar a euforia tralo set ó Pontevedra B e facer un partido serio que lle permita seguir no alto da táboa.

Posicións nas que se quere manter o Ribadumia, un dos tres equipos que aínda non perdeu. Partido a priori asequible para os de Pablo Vázquez que reciben na casa ó Nigrán, un equipo que pouco ou nada ten que ver co que o ano pasado loitou polo ascenso, de feito son últimos na xeral.

Redacción Salnés