A Xunta paraliza as obras do acceso ó porto do Xufre

    paralizacion_obras_xufre_100_270409.jpgA ILLA> Trátase dun paro provisional, ata que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas se reuna cos afectados.

    {flowplayer}images/salnes/270409_paralizacion_estrada_xufre.flv{/flowplayer}

    O venres pola mañá, representantes da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mantiñan unha reunión con membros de Covsa, a empresa adxudicataria das obras do acceso ó porto do Xufre. O motivo: ordenar á construtora o paro temporal da actuación. O departamento dirixido por Agustín Hernández insiste en que a apertura desta entrada é imprescindible, pero ante o malestar que está a suscitar entre os afectados, a nova administración decidiu non seguir adiante ata escoitar as demandas dos afectados.

    Nada máis coñecer a noticia, os veciños abandonaron o campamento no que durante un mes montaron garda para evitar a entrada das palas nas súas propiedades. Están satisfeitos pola decisión tomada desde o goberno autonómico, pero aseguran que non levantarán a acampada ata que se coñeza o resultado desta xuntanza.

    Pola súa parte o goberno local da Illa asegura que coñeceu o paro das obras a través da prensa. Tiña constancia de que o novo director xeral de Infraestruturas se reuniría cos afectados en canto tomase posesión, pero esta paralización dos traballos colleunos por sorpresa. Agora están á espera de manter unha xuntanza co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Agustín Hernández. O alcalde da Illa, José Manuel Vázquez, non quere entrar a valorar a decisión da Xunta. Segundo comunicou a esta canle, a administración autonómica pediulle discreción no tratamento deste tema e ata que se produza esa reunión, Vázquez prefire manterse nun segundo plano.

    Redacción Salnés