Un coche empótrase contra un bar e esnaquízao

    VILANOVA> Eran ás 11.30 da noite de onte cando un home de 44 anos perdeu o control do seu vehículo, un Renault Laguna, á altura de Caleiro,…

    {flowplayer}images/salnes/accidente_vilanova_030112.flv{/flowplayer}

    … cando se dirixía á Vilanova. Por causas descoñecidas, deu varios bandazos ata introducirse dentro dun bar e emborcar. A estrepitosa entrada deixouno ferido de gravidade, namentres no local ocasionou danos graves no mobiliario. Por sorte, o bar estaba pechado por descanso do persoal tras abrir o primeiro de ano. 

    Ata o lugar dos feitos desprazáronse varios efectivos de emerxencia: Protección Civil de Vilanova, Bombeiros do Salnés, Garda Civil de Tráfico e asistencia médica. Ó chegar ó lugar encontraron inconsciente a este veciño da comarca, que aínda non se determinou a que Concello pertence. Segundo as primeiras pesquisas, todo apunta a un posible exceso de velocidade mesturada, posiblemente, con algunha outra causa.

    Os propietarios do Bar laméntanse dos estragos que provocou o sinistro, e que obrigarán a ter o local pechado uns dez días namentres o reparan.Porén, agradecen a providencia o feito de ter decidido que ese día descansase o persoal, porque en circunstancias normais, este accidente podería terse convertido en traxedia.

    Redacción Salnés