A Xunta presenta os programas de ocio e tempo libre para a campaña de verán

    veran_120407_100.jpgVILANOVA > Arranca a “Campaña de verán 2007” promovida pola Xunta de Galicia. Os mozos de entre nove e…

    …dezasete anos terán na provincia varios campamentos onde elixir. Eso si, os máis rezagados deberán darse présa. O prazo para presenta-las solicitudes remata mañá venres. Ademais dos campamentos, as actividades de tempo libre presentan un programa de ocio alternativo para mozos de entre 18 e 30 anos.

    O delegado da Vicepresidencia do Benestar, Francisco Xavier Varea, presentou hoxe o programa de actividades de animación sociocultural dirixidas á xuventude. Os mozos de entre nove e dezasete anos interesados en participar nalgún destes campamento deberán presenta-la súa solicitude antes de mañá venres. As Sinas, Forcarei, e a Illa de Ons son os centros ós que poderán optar estes rapaces.

    A estes, se lles suma as instalacións de Cuntis, Cíes e Moaña máis centradas na franxa de idade entre 17 e 30. A inscripción para este programa segue aberta. Francisco Xavier Varea prestou especial atención ás actividades que se desenvolverán no albergue xuvenil das Sinas centradas nos deportes náuticos. Os interesados en formalizala súa solicitude poden obter máis información na páxina web www.rix.org e www.xuventude.net.

    Redacción Salnés