VILAGARCÍA> En tan só unha semana, máis de 30 persoas acudiron ao punto información dixital de Vilagarcía. A oficina instalouse para axudar tanto a empresarios como a particulares que necesiten asesoramento para realizar calquera trámite online.
Cantas veces se atoparon coa necesidades de realizar un trámite online e non saber como facelo? Para solucionar estas dúbidas, o concello de Vilagarcía creo o punto de información dixital. Unha oficina na que asesorar a quen o necesite cos seus trámites online.
O punto non está pensando só para axudar ás empresa, se non que calquera particular recibirá o asesoramento necesario para realizar os seus trámites e aprender a facelo por si mesmo.
Os que xa recibiron asesoramento do punto de información dixital, realizaron consultas de todo tipo.
Outros trámites nos que asesorará o punto son por exemplo as matriculacións dos alumnos nos centros escolares ou a solicitude das becas. Ademais a oficina creará outros puntos en Vilaxoán e Carril segundo as necesidades dos veciños.