VILAGARCÍA> Son un total de 2476 facturas de 262 provedores. A Fundación de Deportes liquidará 185 facturas valoradas en case cento sesenta mil euros.
{flowplayer}images/salnes/PAGO_PROVEDORES_VILAGARCIA_150312.flv{/flowplayer}
Facturas liquidas, esixibles e vencidas antes do 31 de decembro de 2011. Estes eran os requisitos que tiñan que cumprir as facturas que podían presentar os concellos para acceder ó Plan de Pago a Provedores posto en marcha polo goberno central. Vilagarcía é un dos municipios que xa solicitou esta axuda. Trátase dunha petición de crédito que permitirá ó concello pagar 2476 facturas de 262 provedores ou o que é o mesmo pagar 4 millóns 412 euros pendente de pago. Pola súa banda, a Fundación de Deportes liquidará 185 facturas por importe de case cento sesenta mil euros.
Quedan excluídas, entre outras, as facturas relacionadas con contratos privados, pagos á seguridade social, intereses financeiros, débedas derivadas de convenios de colaboración e subvencións. Segundo Tomás Fole, este crédito será a pagar en dez anos a un interese de ó redor dun 5%.
Pero este plan vai aparellado a outro plan, de Axuste, que aínda está por determinar coma vai influír ás administracións locais. Con todo, o rexedor local quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade tanto á oposición coma ós cidadáns xa que o Plan de Saneamento aprobado polo goberno local permitiralles adaptarse moito mellor ós requisitos que marquen desde o goberno central.
En canto a cando poderán cobrar os provedores, Fole informou que, segundo o Real Decreto Lei 4/2012 terían que comezar a cobrar antes do 1 de maio.
O Plan de Axuste, dado que ten que estar presentado antes do 31 de mazo, levarase ó pleno deste mes.
Redacción Salnés