A Mancomunidade do Salnés aumentará as dietas por asistencia a pleno

SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés subirá as dietas dos seus membros por asistencia a pleno. A proposta é un dos seis puntos que o ente comarcal votará hoxe na primeira sesión deste ano. A presidenta desexa que o PP regrese á mancomunidade.

Despois de toda a polémica xurdida o pasado ano, a Mancomunidade do Salnés volve a traballar con normalidade. O ente comarcal convocou para hoxe o primeiro pleno deste ano. Unha sesión na que se votarán 6 puntos, entre os que destacan a subida das dietas para as asistencias a pleno.

Outro dos puntos a tratar é a toma de posesión dos membros do partido popular. É posible que os populares volvan ao ente comarcal.

A presidenta considera que sería importante o regreso dos populares para que mancomunidade traballe en conxunto.

Na sesión de hoxe tamén se creará e se compoñerá a nova Comisión Especial de Contas.

O primeiro pleno de este ano comezou as 20 horas. Na sesión tamén se votará a frecuencia dos plenos que se manterá nunha cita cada dous meses.