Os veciños de Boa están fartos de aturar vertidos na praia

vertidosboa_100_130252009.jpgNOIA> Aseguran que levan anos denunciando unha situación a que concello de Noia non acaba de poñer solución.

Veciños da parroquia noiesa de Boa están fartos de aturar verteduras de augas residuais na praia que nestas últimas semanas se agravaron por mor dunha avería na estación de bombeo. A pesar das reiteradas denuncias, o concello de Noia aínda non puxo remedio a este foco de contaminación ambiental.

A praia de Boa recibe todos os veráns ducias de turistas por tratarse do único areal de Noia recollido do vento, onde as correntes do mar son tranquilas. Tamén son moitos os residentes desta parroquia noiesa os que acuden ata esta praia para pasear en inverno e refrecarse nos días de máis calor.

Foco de infección

Non obstante, a beleza deste espazo natural quede ensombrecida polos vertidos de augas residuais provocados por unha avería na estación de bombeo que leva meses sen arranxar. Os veciños que residen a carón do areal queixasen porque están fartos de soportar continuos cheiros, que se agravan na tempada estival. Temen que a praia se acabe convertindo nun grave foco de infección.

{flowplayer}barbanza/vertidosboa.flv{/flowplayer}

A situación non é nova. Levan anos esperando o ansiado proxecto de saneamento da parroquia e queixandose destas verteduras, que se agravan cando a estación de bombeo se satura e deixa de funcionan. Acudiron en varias ocasión ao concello na busca de respostas a pesar de que as promesas son continuas, a situación continua sen arranxarse.

Pola súa banda, o concelleiro de Obras e Servizos de Noia, José Rodríguez Agulleiro manifestou que xa iniciaron os trámites necesarios para poñer de novo en funcionamento a estación de bombeo. Rodríguez Agulleiro anunciou que a actuación, presupostada en máis de 25 mil euros, iniciarase nos vindeiros días. A empresa Oscar Tubio será a encargada de executar os traballos.

Redacción Barbanza