Un policía local de Noia denuncia ameazas que poden proceder do entorno do concello

ameazaspoli_100_280808.jpgNOIA > Despois dos múltiples desencontros e enfrontamentos entre o concello e a policía local de Noia agora tócalle o turno ás ameazas.

{flowplayer}barbanza/ameazaspoli.flv{/flowplayer}

NOIA > Despois dos múltiples desencontros e enfrontamentos entre o concello e a policía local de Noia agora tócalle o turno ás ameazas. Varios dos axentes que se atopan de baixa recibiron chamadas procedentes dun número oculto aínda que soamente un membro da policía local e outro do Grumir chegaron a recibir as ameazas. Foron eles os que presentaron unha denuncia na Garda Civil co fin de que se investiguen os números dende os que se realizaron as chamadas anónimas.

Sospeitas

Os axentes sospeitan que proceden de alguén relacionado co concello aínda que non teñen probas polo que agardan que a investigación determine a autoría das ameazas. Estas iniciáronse o pasado luns día 25 cando o axente da policía local recibiu unha chamada na que o interlocutor instáballe a incorporarse novamente o seu traballo ou, de non ser así, publicaría unha serie de fotografías do axente tomadas durante os últimos cinco meses. As chamadas continuaron durante toda a xornada e o día seguinte polo que o afectado decidiu denunciar os feitos.

Outros tres axentes do corpo policial de Noia confirmaron a TVSB que tamén recibiran chamadas dende números ocultos pero decidiron non contestar.

Solución lonxana

Ante os últimos acontecementos semella que o conflito entre policía e concello está moi lonxe de chegar a bo porto. A pasada semana xa lles dabamos conta dun enfrontamento que se produciu nas dependencias da casa consistorial, entre varios axentes e edís do Partido Socialista que encabeza o goberno municipal. Agora, as ameazas telefónicas abren un novo capítulo neste cúmulo de desencontros onde os principais prexudicados son os veciños.

Redacción Barbanza