Sanxenxo tivo no 2008 menos roubos e máis delitos resoltos que no 2007

    xunta_seguridade_local_100_120509.jpgSANXENXO> O municipio aproba tamén en materia de seguridade viaria e na protección fronte á violencia de xénero.

    {flowplayer}images/salnes/120509_xunta_local_seguridade_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    A Xunta Local de Seguridade celebrada en Sanxenxo pechouse cun balance positivo. Os datos obtidos durante o ano pasado revelan que en conxunto, o volume de delitos e faltas que se cometeron no municipio descendeu fronte ó 2007. Tamén baixaron os roubos con forza e intimidación, unhas faltas que supoñen case o 70 por cento do conxunto de infraccións.

    A este descenso dos roubos únese un aumento no volume de delitos resoltos. Para a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, estes bos resultados débense en gran medida á implantación no concello do posto principal da Garda Civil.

    Segundo o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, Sanxenxo tamén está a obter resultados positivos en materia de seguridade viaria e na loita contra a violencia de xénero. Neste sentido, Delfín Fernández anunciou que en xuño, na vindeira reunión da Mesa contra a Violencia, se incorporará á mesma unha xuíza de Cambados, para seguir adiante cos traballos de prevención e sensibilización neste campo.

    Redacción Salnés