A Deputación contrata 110 persoas para limpeza forestal e de praias

    contratos_deputacion100.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asina o contrato laboral con 110 persoas, para limpeza forestal e de praias da provincia.

    {flowplayer}images/salnes/CONTRATOS_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta tarde o contrato laboral que servirá para que 110 persoas da provincia desenvolvan tarefas de limpeza forestal e de praias.

    Estas labores realizaranse entre o 1 de xuño e o 30 de novembro en 22 concellos da provincia, os que teñen entre 10.000 e 50.000 habitantes. A Deputación destina a este plan máis dun millón de euros. Louzán destacou que con estes novos contratos, xunto ós outros 180 xa asinados, preténdese contribuír a frear o paro.

    A Deputación Provincial de Pontevedra rexistrou case 2.000 solicitudes para traballar no Plan de Conservación e Limpeza. A través del a institución pretende asegurar, nos meses de verán e de maior afluencia turística, unha prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial.

    O presidente da Deputación tamén recibiu hoxe no Pazo Provincial a un grupo de mandos gubernativos que participan nunha xuntanza de traballo sobre controis móbiles transfronteirizos hispano portugueses.

    Redacción Salnés