RIBEIRA> 300 persoas tomarán parte na BTT de Nadal de Ribeira que se desenvolverá o 28 de decembro. Nesta decimo quinta edición, destaca a beleza dun percorrido totalmente renovado que contará con dúas distancias.
Ribeira acollerá o 28 de decembro unha das probas deportivas máis agardades de finais de ano. A BTT de Nadal reunirá a 300 ciclistas que poderán optar entre as dúas distancias, de 30 e 40 quilómetros.
Un ano máis, na organización colaboran diversas asociacións e entidades veciñais que axudaron a deseñar un percorrido innovador por varias parroquias do municipio.
Os interesados en participar poderán inscribirse ata o 23 de decembro a través de galitiming. com. Polo momento, xa están cubertas máis da metades das 300 prazas habilitadas.











