En Marea levará ó Parlamento a construción dunha residencia pública en Boiro

BOIRO> Dende a formación consideran que a reclamación responde a unha demanda veciñal, ó tratarse dunha infraestrutura báscica para atender as necesidades non só do municipio senón de toda a comarca. O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada responsable da área de Benestar, Paula Vázquez, achegáronse ata Boiro para manter un encontro cun grupo de veciños que reclama dende hai tempo a construción dunha residencia na localidade. A xuntanza realizouse a carón da finca do pazo de Goiáns, lugar precisamente no que o executivo local pretende construir esta infraestrutura, pero con fondos privados. Algo co que non están de acordo. Precisamente En Marea ten intención de levar ó Parlamento unha iniciativa que recolla a construción dun centro residencial para a terceira idade na localidade, dando así cumprimento o acordo plenario aprobado o pasado ano e tamén as máis de 2.700 sinaturas recollidas avalando esta solicitude.