![]()
POBRA> A deputada provincial, Caridad González, visitou as instalacións do Cine Elma para comprobar o seu estado trala terceira fase da súa remodelación.
{flowplayer}barbanza/visitacaridad.flv{/flowplayer}
Dende que a Deputación da Coruña adquirira o Teatro-Cine Elma da Pobra, o obxectivo común das administracións, local e provincial, é a rehabilitación total do inmoble para a súa posta en valor como un espazo cultural de referencia.
Ata o momento, xa se ten acometido a reforma das instalacións en tres fases. A deputada provincial responsable de Cultura tivo ocasión de comprobar o resultado desta última actuación consistente na remodelación do anfiteatro.
Actuacións pendentes
Agora, a intención do executivo local é acometer unha nova fase para a adecuación da entrada, os aseos e os falsos teitos. Para elo, o alcalde solicitiou ó paoio económico da Deputación.
Caridad González comprometeuse a trasladar as peticións do rexedor ó presidente provincial que, de seguro, atenderá as súas demandas. Así, a Deputación poderá achegar á Pobra tódalas actividades dos seus circuitos culturais contando cun espazo axeitado.
Redacción Barbanza









