A saída de Pobra Norte da autovía conectará coa parroquia de Posmarcos

    enlacecadreche_100_100708.jpgPOBRA > Política Territorial comprometeuse a incluir, no proxecto da autovía, un novo ramal que conecte a saída da Pobra Norte coa parroquia de Posmarcos.

    {flowplayer}barbanza/enlacecadreche.flv{/flowplayer}

    A iniciativa de proxectar este novo ramal partiu dos propios veciños de Posmarcos que mesmo chegaron a promover unha campaña de firmas para solicitar a inclusión desta conexión nas obras de construción da autovía do Barbanza.

    O concello pobrés recolleu as súas demandas e elaborou un proxecto que foi remitido á Consellería de Política Territorial o pasado 15 de abril. Este luns, a propia Conselleira, María Xosé Caride, confirmoulle ó alcalde pobrés, Isaac Maceiras, a viabilidade e necesidade de execución deste proxecto.

    Tráfico pesado

    Esta solución, consistente na conexión da saída da autovía en Pobra Norte coa rotonda de Cadreche, contribuirá a desconxestionar o tráfico na zona, especialmente o tránsito de vehículos pesados, facilitando as comunicacións nos núcleos de Cadreche, O Freixo, Ouxo, Vilariño, O Conchido, A Ribeiriña e San Isidro.

    Os representantes municipais quixeron agradecer o especial interese da Consellería de Política Territorial neste proxecto así como a colaboración dos veciños que cederon os terreos desinteresadamente.

    Polo momento descoñécense os prazos para a execución do proxecto aínda que está previsto que as obras dean comezo de inmediato unhe vez resoltos os trámites administrativos.

    Redacción Barbanza