PORTO DO SON> A casa de cultura de Porto do Son acollía hai uns días o acto de presentación da exposición ’El arte del sueño perdido’ do pintor granadino, aínda que afincado na localidade, Manuel de Hueso.
Ademais do autor, no acto inaugural tomou parte o propio alcalde, Luís Oujo, quen aludiu a honra que supón para o municipio poder acoller esta exposición.
Pola súa banda o autor agradeceu a boa acollida tributada e as razóns que o levaron a quedarse na localidade, unha delas a enerxía que transmite.
A mostra componse dun total de 35 obras de diferente temática, repartidas entre as casas de cultura de Porto do Son e Portosín. Estarán abertas ó público para a súa visita ata finais deste mes de xullo.