![]()
PONTEVEDRA> Será o lema da manifestación que se celebrará o vindeiro 19 de xuño en contra da figura do delegado territorial da Xunta en Vigo.
A protesta organizada polo concello de Pontevedra en defensa da capitalidade e en contra do delegado da Xunta en Vigo, sigue o seu curso. A organización xa concretou a hora e o lema da manifestación, prevista para o venres, 19 de xuño. Foi durante a reunión que se celebrou, onte pola tarde, na Cámara de Comercio e na que participaron as forzas vivas de Pontevedra. A protesta partirá da praza de Ferrería, ás 8 e media da tarde. Dende alí arrancará a comitiva baixo o lema “Pontevedra é capital. Anulación do decreto xa”.
Con estas dúas frases, 20 colectivos de Pontevedra esixen á Xunta que suprima a figura do delegado territorial en Vigo. As forzas vivas consideran que o novo cargo creado polo Partido Popular pon en dúbida a capitalidade de Pontevedra e divide a provincia en dous territorios. Segundo a organización, o lema evita o enfrontamento directo con Vigo e busca involucrar a tódolos cidadáns de Pontevedra.
A reunión, que se celebrou a última hora de onte, na sede da Cámara de Comercio, estivo encabezada polo alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, a socialista, Teresa Casal. A pesar de ser os promotores da protesta, os dous partidos que encabezan o goberno local prefiren quedar á marxe da protesta e deixar o tema en mans das asociacións de Pontevedra. Os alcaldes de Cotobade, Marín e Poio apoian a manifestación.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/020609_reunion_delegacion_vigo.flv{/flowplayer}








