As obras de reforma na casa consistorial de Rianxo iniciaranse en breve

    RIANXO > Despois de case dous anos de retraso, o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, vén de anunciar que as obras de remodelación da casa do concello comezarán de xeito inminente. Nesta primeira fase procederase á ampliación do edificio cara a parte traseira para máis adiante proceder, nunha segunda fase, á informatización e modernización das instalacións.

    Con case dous anos de retraso, as obras de reforma doaxuntamento de Rainxo están a piques de comezar. Esta tardanza ten a súa explicación nos inconvintes que inicialmente puso a Dirección Xeral de Patrimonio ante a posibilidade de que as obras afectae ó edificio situado susto detrás do concello e que reviste un singular valor histórico.  

    concellorianxo_200_220806.jpgExternamente o edificio do concello seguirá conservando o seu aspecto actual. Tampouco se modificarán as súas división internas, polo que a reforma consistirá unicamente nunha ampliación das instalación cara a parte posterior, ata unir o axuntamento co edificio da Unión Xuventude Española., quedando comunicados mediante unha especie de pasarela. Trátanse, segundo Pedro Piñeiro, dunhas obras moi necesarias que beneficiarán tanto a traballadores do concello coma ós veciños.

    O orzamento do que se dispón para acometer estas reformas ascende a seiscentos mil euros, unha partida á que se acaba de engadir unha subvención da Xunta para mobiliario por trinta mil euros e outra de sesenta mil que se solicitou para posteriores reformas. Despois desta primeira fase, o seguinte paso será proceder á informatización e modernización interna das instalacións.

    Unha das primeiras consecuencias destas obras foi o traslado do Xulgado para a urbanización O Martelo, concretamente ós baixos onde se ubican as vivendas de promoción pública. Este cambio de instalacións pode supoñer algún inconvinte para os veciños desde o punto de vista do desprazamento, aínda que desde o concello intentarán solucionalo facendo que as liñas de trasporte público fagan alí unha parada.

    Redacción Barbanza