Vilagarcía busca converterse nun referente en educación musical

mostra_musical_eixo_atlantico100_170609.jpgVILAGARCÍA> Vilagarcía pretende ser unha cidade de referencia en educación musical, a través da Mostra do Eixo Atlántico.

{flowplayer}images/salnes/mostra_musical_eixo_atlantico.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Vilagarcía pretende converterse nunha cidade de referencia en educación musical. E o motor principal para conseguilo é a Mostra Musical do Eixo Atlántico.

A capital arousá acolleu o pasado ano a fase final deste certame, no que participaron 17 concellos de Galicia e Norte de Portugal cuns 250 músicos. O éxito foi tal que pretenden aproveitar a vindeira edición, en 2010, para darlle máis contido.

A concelleira de Educación e o secretario xeral do Eixo Atlántico reuníronse xa con representantes da Deputación, Xunta, Caixanova, Porto e Cámara de Vilagarcía. Acordaron convocar antes do verán unha comisión técnica na que se fará un documento base do que se pretende que sexa a Mostra.

Concello e Eixo Atlántico insisten en que non están a pedir subvencións a estas institucións, senón que colaboren e participen nel. Tralo verán definirase a viabilidade do plan e será presentado.

Redacción Salnés