O empresario Andrés Quintá, positivo por Coronavirus

O empresario valgués atópase en bo estado.

VALGA> O fundador de Extrugasa e presidente do Grupo de Empresas Quintá atópase no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Segundo fontes próximas, na tarde de onte Quintá atopábase ingresado en planta con síntomas lixeiros e sen febre.

Andrés Quintá é un emprendedor, un home humilde, un traballador nato. Ós seus máis de 80 anos madruga tódolos días para dirixir un conglomerado empresarial que dá emprego directo a máis de 500 persoas.

Andrés Quintá é algo máis que un empresario de éxito. É un home bo, un mecenas que sempre estivo apoiando e patrocinando infinidade de actividades e clubes deportivos da contorna. Conta con innumerables premios e recoñecementos públicos como empresario.

Hai menos dun ano, Andrés Quintá foi homenaxeado polos seus veciños e empregados. Así contámolo en Canal Rías Baixas.