Edicións Cumio recupera o legado do Gaiteiro de Catoira

libro_gaiteiro100_170609.jpgVILAGARCÍA> Edicións do Cumio rescata nun libro o legado de Agustín Lourenzo, o gaiteiro de Catoira, escrito por Xosé Ameneiro.

{flowplayer}images/salnes/libro_gaiteiro.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Edicións do Cumio rescata nun libro o legado de Agustín Lourenzo, o gaiteiro de Catoira, escrito por Xosé Ameneiro.

A publicación compila as partituras coas que Agustín Lourenzo se converteu nun referente da música tradicional galega na comarca de Arousa, na compaña do seu grupo Brisas do Río Ulla. Foron 70 anos tocando e na tarefa de documentación e investigación participaron os membros actuais do grupo, entre eles o propio fillo Agustín Lourenzo Moure, orgulloso desta nova homenaxe que se lle fai ó seu pai.

O resultado é unha obra audiovisual. O libro de Edicións do Cumio vén acompañado dun vídeo en formato DVD e tamén hai versión en disco compacto. O principal obxectivo é, ademais, manter vivo o legado da tradición galega.

A presentación pública do libro do gaiteiro de Catoira farase o venres no Auditorio de Vilagarcía, ás oito da tarde.

Redacción Salnés