Pontevedra> E no pleno desta xornada houbo tamén unha interpelación ao alcalde solicitando explicacións na negativa a liderar a mesa de negociación sobre o posible traslado de ENCE. Lores considera que o único que ten cabida na actualidade é que o Goberno de Pedro Sánchez derrogue a prórroga outorgada a esta empresa. O alcalde ten claro que el non pode liderar este proceso, xa que está fora das súas competencias.
A mesa de negociación sobre o posible traslado de ENCE chegou hoxe ao pleno da coporación a través dunha interpelación do PSOE ao alcalde onde lle pide que lidere esta mesa na que estarían sentados membros do Goberno Central.
O alcalde di que el non pode liderar nada onde o seu poder de decisión non sexa vinculante, é dicir, que non ten marxe de maniobra neste asunto, no tocante a ENCE a pelota está no tellado do Goberno Central.
O líder socialista dixo que pese a que lle custe é o momento de que o alcalde mova ficha.
E o alcalde tivo clara a súa contenstación, se por el fose hai moitos moitos anos que ENCE non estaría na ría de Pontevedra, pero que pese a súa loita a día de hoxe non pode facer nada .
Interpelación rematada coa mesma conclusión, o alcalde non liderará ningunha mesa onde non vai a ter ningún poder de decisión. Así que de momento, a actualidade de ENCE segue igual.