Os minoristas rexeitan a ubicación da lonxa proposta por Portos

    concentracionbertorella_100_220609.jpgRIBEIRA> Os membros da asociación Bertorella concentráronse para protestar pola súa exclusión das xuntanzas sobre o emprazamento da nova rula.

    {flowplayer}barbanza/concentracionbertorella.flv{/flowplayer}

    Dende o colectivo de pequenos compradores de peixe non entenden os motivos polos cales non foron convocados ás reunións para decidir a ubicación da futura lonxa de Ribeira, cando son máis de setenta profesionais que desenvolven alí o seu traballo. Pola contra critican que outras asociacións, con menor peso na actividade portuaria, como son por exemplo as amas de casa, si puideran tomar parte na decisión.

    Pouco espazo

    Coñecedores da intención de Portos de construír a lonxa na parcela anexa ó Club Náutico, os minoristas non están de acordo con esta ubicación posto que consideran que non existe espazo suficiente. Din que, o feito de construir un edificio de tres plantas, non soluciona nada posto que non sería operativo para desenvolver o seu traballo.

    Dende o colectivo van máis aló e arrementen contra Portos por non ter aínda regulado a entrada ás actuais instalacións da lonxa, feito que, din, prexudica a súa actividade e a de tódolos profesionais que alí traballan.

    Agardan que, mediante estas protestas, as súas reivindicacións sexan escoitadas e Portos de Galicia cambie de parecer sobre a ubicación da lonxa. Do contrario, consideran que sería máis produtivo reformar as actuais instalacións en lugar de investir un presuposto millonario nunha infraestrutura que sexa aínda menos funcional.

    Redacción Barbanza