Ribeira ampliará as prestacións a usuarios de Servizos Sociais especialmente afectados pola crise

RIBEIRA> O concello de Ribeira revisará as prestacións dos beneficiarios de Servizos Sociais especialmente afectados pola crise sanitaria. A comisión de seguimento do COVID aprobou unha disposición transitoria para ampliar tanto a contía como os prazos das axudas.

Foi o propio departamento de Servizos Sociais o que suxeriu esta modificación na ordenanza de inclusión social ó detectar o incremento de necesidades de moitos usuarios a raíz da pandemia.

Por outra banda, o alcalde informou de que, de cara á previsible entrada en fase dous, a policía intensificará a vixilancia nos accesos ás praias e nas pasarelas peonís, nas que nos últimas días desapareceron algúns dos carteis que impedían o tránsito en bicicleta.

Dende o concello están tamén a ultimar os detalles para a reapertura dos museos municipais cos protocolos e medidas de seguridade así como da aula Cemit con redución de aforo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí