O executivo rianxeiro demanda novas prazas en servizos sociais

    demandagarderiaecentrodia100.jpgRIANXO> O concello de Rianxo volverá reclamar á Xunta a construción dunha escola infantil e dun centro de día na localidade.

    {flowplayer}barbanza/demandagarderiaecentrodia.flv{/flowplayer}

    O insuficiente número de prazas da gardería rianxeira quedou patente ó comezo deste curso cando o incremento de matrículas motivou que moitos alumnos quedaran fóra. Xa que é imposible aumentar o número de prazas nas actuais instalacións posto que hai que respectar as ratios de alumnos establecidas, o executivo demanda a creación dunha nova escola infantil.

    Para a construción da nova escola, o concello dispón de terreo público no polígono industrial, un emprazamento idóneo pola súa accesibilidade dende tódalas parroquias.

    Outra das demandas que trasladará o executivo rianxeiro á Xunta é a necesidade dun centro de día, proxecto que se atopa paralizado aínda que existen terreos dispoñibles en Rianxiño. Para trasladar estas dúas demandas, o alcalde xa ten solicitada unha entrevista cos responsables da Consellería de Traballo e Benestar.

    Redacción Barbanza