BOIRO> Boiro acollerá este sábado unha nova edición da proba deportiva de Promoción de Ciclismo de Boiro. Na cita participarán preto de 300 corredores nas categorías de alevín, infantil e cadete.
Xa son máis de 260 os inscritos para participar na trixésimo cuarta Promoción de Ciclismo de Boiro que este ano estará dedicada ó presidente e fundador do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro.
A proba contará de tres percorridos, segundo as distintas categorías: 5 quilómetros e medio no caso dos alevíns, 14 para infantís e 51 para cadetes.
Dende a Federación Galega de Ciclismo destacaron a decidida aposta do Club Ciclista boirense pola promoción do deporte base.