Pontevedra sae á rúa en contra do decreto das delegacións da Xunta

    manifa_19j100_220609.jpgPONTEVEDRA> Máis de vinte mil persoas saíron á rúa o pasado venres para defender o estatus de capital de Pontevedra

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_19J.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Máis de vinte mil persoas saíron á rúa o pasado venres para defender o estatus de capital de Pontevedra e esixir a anulación da delegación da Xunta en Vigo.

    A manifestación acabou superando as expectativas máis optimistas dos organizadores. Na protesta díxose que a decisión da Xunta de crear dúas delegación nesta provincia supón un claro atentado para o rango administrativo de Pontevedra, sobre todo, cando esta circunstancia non se dá en ningunha outra provincia de Galicia. Os manifestantes entenden que con esta nova división administrativa, a provincia de Pontevedra deixa de existir como tal entidade para a nova Xunta, e xurde un novo ente, sen amparo legal ningún, no sur da provincia. No manifesto lido trala protesta insistiuse en que Pontevedra non quere un enfrontamento coa cidade de Vigo e culpa ós dirixentes da actual Xunta de dar lugar a esta situación de conflito.

    A protesta foi convocada pola práctica totalidade dos colectivos veciñais da cidade, agás unha federación, colectivos sociais e profesionales relacionados coa Xuntiza, centrais sindicais e a patronal da pequena e mediana empresa, ademais dos comerciantes. Os socios de goberno do Concello de Pontevedra aseguran que con esta manifestación a cidadanía xa falou e cren que á Núñez Feijoo non lle queda agora outra saída que anular o decreto. Os alcaldes de localidades limítrofes como Marín, Poio, Cotobade e Vilaboa tamén secundaron a convocatoria.

    Os promotores do 19J non queren que esta reivindicación morra aquí e van estudar vías xurídicas para ver se cabe a posibilidade de presentar un recurso contencioso-administrativo. Cren que este decreto vulnera a división territorial que establecen o Estatuto de Autonomía e a Constitución española.

    Redacción Salnés