Esquerda Unida reclama unha manifestación polo Hospital do Salnés

    eu_100.jpgVILAGARCIA> Esquerda Unida de Vilagarcía chama á mobilización social para reivindicar melloras no Hospital do Salnés, que vaian máis aló do Plan Director…

    {flowplayer}images/salnes/190609_eu_por_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    … que arestora está pendente de rematar a súa primeira fase e decidir si se continúa cunha próxima. O colectivo político chama as forzas sociais e organizacións do Concello para que determinen como e cando vai a ter forma esta mobilización. O portavoz de Esquerda Unida, Juan Fajardo, anunciou que ían a esperar ós resultados da reunión do consello de seguimento social do Hospital do Salnés que se vai a celebrar o vindeiro martes. A partir de aí, barallarán como desenvolver esta manifestación multitudinaria ca que expoñer ó actual goberno ás reivindicacións dos usuarios.

    Fajardo entende que o Plan Director actual se queda curto para cubrir as necesidades e demandas actuais, co que engade outras serie de reivindicacións que tamén deben ser tidas en conta. Aínda máis, o tamén esquerdista Ramón Bueno asegura que estas melloras deben estenderse a outros servicios que ofrece o Hospital e que actualmente xestionan empresas privadas.

    Esquerda Unida cualifica a actual situación na sanidade no Salnés como vergoñenta; o que para eles deriva da falla de compromiso tanto do goberno anterior galego como do actual; polo que dá por sentada a necesidade desta manifestación.

    Redacción Salnés