BOIRO> O primeiro dos obradoiros celebrado no viveiro de empresas de Boiro chegou á súa fin. Durante seis meses, un grupo de quince mozos menores de trinta anos, recibiu formación en hostalería e cociña, dous campos nos que existe gran demanda de persoal capacitado. A aposta do concello e a Xunta pola formación xuvenil de cara á capacitación profesional para obter un emprego de calidade non remata aquí. O alcalde anunciou que xa se está a traballar no acondicionamento das instalacións para acoller un ciclo de atención sociosanitaria. Nestes futuros proxectos contarán tamén co apoio da Xunta. O director xeral de orientación laboral, presente no acto, ratificou o compromiso do seu departamento cos obradoiros de emprego nos que tan só neste ano se teñen investido vinte millóns de euros.
Inicio BARBANZA